Concello interior da Mancomunidade de Vigo, regado por ríos que verten na cunca do Miño, con relevo máis accidentado cara ao norte do territorio. Sobre este espazo máis elevado predominan os usos do solo asociados ao monte e baseados nos aproveitamentos mixtos de coníferas e eucalipto.
Sitúase no suleste da Mancomunidade pero tamén mantén estreitas relacións cos concellos que integran as comarcas próximas do Condado e o Baixo Miño. A mellora das comunicacións redundou positivamente na integración deste concello na área de Vigo.
Dende o punto de vista económico Salceda de Caselas mantén fortes vencellos co concello veciño de O Porriño, no que atinxe á explotación das canteiras de granito dos montes limítrofes. Esta actividade é tan importante que dentro das actividades empresariais de maior facturación figuran a extracción de granito, a pedra traballada e as empresas contratistas xerais.
|
Concello
Dirección: Praza do Concello S/N – 36470 Datos Xeográficos
Superficie: 35,9 Km2 Lugares de interese
Festas
Festa dos callos
|