Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE-Qué requisitos debe reunir un emprendedor
Imprimir Enviar a un amigo/a

Qué requisitos debe reunir un emprendedor

A persoa que emprende é unha creadora de riqueza, ou dito en termos empresariais, unha creadora de valor para si mesmo e para a sociedade en xeral.
Para logralo, vese forzado a asumir riscos. Xeralmente pon en xogo non só os seus cartos e as súas ilusións, senón as doutras persoas e colectivos que o rodean (familia, amigos, empregados, socios, acredores, etc.).
 
Podemos clasificar en catro grupos as características que debe reunir unha persoa  emprendedora:
 
Personalidade: 
  • Debe ser intuitiva, imaxinativa e optimista.
  • Ver oportunidades onde os demais só ven problemas ou dificultades.
  • Ter unha profunda fe no éxito do proxecto.
  • Saber transmitilo a todos os que estean relacionados con el.   

Coñecementos: 
 
A xestión dunha empresa é cada vez máis complexa. Aumenta a competencia, os clientes son cada vez máis esixentes, os seus gustos cambian constantemente, a tecnoloxía avanza de maneira imparable, etc.
O emprendedor necesita estar ó día en tódolos ámbitos de xestión da súa empresa: finanzas, marketing, vendas, custos, fiscalización, etc., é necesario por tanto ter as nocións básicas que lle permitan comprender tódolos conceptos da xestión das empresas, para non perderse na conversa con expertos.
 
A idea de futuro: 
 
Un emprendedor debe ter unha idea clara e concreta sobre o que debe ser a súa empresa e o que quere que sexa no futuro.
A imaxinación é a clave para desenvolver ideas de empresa. Hai que atreverse a ser afoutado, a reflexionar sobre ideas aparentemente absurdas ou atoladas. Nesta fase inicial de deseño  vale todo. Do que se trata é de xerar ideas, de que a viabilidade destas poida ser estudada e cotexada para, finalmente, escoller a alternativa adecuada.
 
“Os tolos fracasan a miúdo, pero son os responsables de todos os grandes éxitos do mundo”
(Tom Peters)
 
Unha visión a longo prazo do negocio: 
 
Pensar só a corto prazo pode supor o fracaso da empresa. Aínda que sexa certo que solucionar os problemas do día a día é o que permite chegar ó longo prazo, a mentalidade do empresario non pode limitarse a pensar que acontecerá mañá.
Unha mala solución ós problemas de hoxe pode comprometer e dar graves problemas á empresa no futuro.
O Emprendedor
Qué é un Emprendedor
Porqué fracasa unha empresa
Test do emprendedor

Crea a túa Empresa
O Emprendedor 
A Idea
O Plan de Empresa 
Formas Xurídicas
Actividades Empresariais
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org