O Plan de Empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira da mesma, e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a citada oportunidade de negocio nun proxecto empresarial concreto.
Así pois, un Plan de Empresa, tamén chamado Plan de Viabilidade ou Plan de Negocio é:
- Un método de comunicación moi eficaz da empresa. Un bo Plan de Empresa é moi efectivo, como método de presentación da empresa perante un banco ou institución financeira á cal lle vaias solicitar un crédito, para convencer a un posible socio de que aporte diñeiro á empresa ou para solicitar unha subvención a unha institución pública
- Unha ferramenta para planificar o futuro , para definir o camiño a seguir. O feito de ter plans claros debe servirnos para alcanzar os obxectivos que nos fixamos, para ter un punto de referencia sobre aquilo que queremos conseguir e como facelo. E se non se alcanza, para saber, polo menos, que fallou, en que nos equivocamos, por que no se cumpriron os plans.
|
|