A persoa que emprende é unha creadora de riqueza, ou dito en termos empresariais, unha creadora de valor para si mesmo e para a sociedade en xeral. Para logralo, vese forzado a asumir riscos. Xeralmente pon en xogo non só os seus cartos e as súas ilusións, senón as doutras persoas e colectivos que o rodean (familia, amigos, empregados, socios, acredores, etc.). Podemos clasificar en catro grupos as características que debe reunir unha persoa emprendedora: Personalidade:
Coñecementos: A xestión dunha empresa é cada vez máis complexa. Aumenta a competencia, os clientes son cada vez máis esixentes, os seus gustos cambian constantemente, a tecnoloxía avanza de maneira imparable, etc. O emprendedor necesita estar ó día en tódolos ámbitos de xestión da súa empresa: finanzas, marketing, vendas, custos, fiscalización, etc., é necesario por tanto ter as nocións básicas que lle permitan comprender tódolos conceptos da xestión das empresas, para non perderse na conversa con expertos. A idea de futuro: Un emprendedor debe ter unha idea clara e concreta sobre o que debe ser a súa empresa e o que quere que sexa no futuro. A imaxinación é a clave para desenvolver ideas de empresa. Hai que atreverse a ser afoutado, a reflexionar sobre ideas aparentemente absurdas ou atoladas. Nesta fase inicial de deseño vale todo. Do que se trata é de xerar ideas, de que a viabilidade destas poida ser estudada e cotexada para, finalmente, escoller a alternativa adecuada. “Os tolos fracasan a miúdo, pero son os responsables de todos os grandes éxitos do mundo” (Tom Peters) Unha visión a longo prazo do negocio: Pensar só a corto prazo pode supor o fracaso da empresa. Aínda que sexa certo que solucionar os problemas do día a día é o que permite chegar ó longo prazo, a mentalidade do empresario non pode limitarse a pensar que acontecerá mañá. Unha mala solución ós problemas de hoxe pode comprometer e dar graves problemas á empresa no futuro. |
|