Antes de coñecer como é, ou como debería de ser unha empresa, é conveniente que te coñezas a ti mesmo. Así, tentaremos axudarche para que coñezas as túas capacidades, habilidades, motivacións, etc., en suma, todo aquilo que pode converter a túa idea nunha empresa e a ti mesmo nun futuro empresario de éxito.
“O espírito emprendedor consiste esencialmente en facer cousas que non se fan xeralmente no curso da habitual rutina empresarial ...” (Joseph Schumpeter).
“A tarefa específica do emprendedor na actividade empresarial é facer que a empresa de hoxe chegue ó futuro ou que se transforme noutro tipo de empresa...” (Peter Drucker).
“Emprender é un proceso dinámico de crear riqueza. Esta riqueza é creada por individuos que asumen os riscos principais en termos de capital, tempo e compromiso persoal, a fin de poder aportar valor a un produto ou a un servizo...” (Robert Rondstadt).
“Emprendedor é a persoa capaz de identificar oportunidades e transformalas en empresa, independentemente do feito de controlar ou non os recursos necesarios...” (Howard Stevenson)
|
|