Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en
Porqué fracasa unha empresa
As ideas empresariais fracasan por múltiples factores, entre os que se atopan:
-
Os promotores do proxecto non tiñan a personalidade adecuada para levar a cabo o proxecto.
-
Nin o empresario, nin a súa equipa de colaboradores tiñan a suficiente formación e experiencia en xestión empresarial e no seu negocio en particular.
-
As previsións de futuro (vendas, beneficios, ...) eran erróneas.
-
Descoñecían o mecanismo de funcionamento do mercado.
-
Iniciouse o negocio cunha carencia manifesta de recursos económicos.
-
Excesiva burocracia nas relacións coa administración pública.
-
Os socios que montaron o negocio non tiñan comunidade de ideas e estratexias de como levalas adiante.
-
Non lograron que o seu contorno (inversores, clientes, bancos, ...) confiara no proxecto.
-
Tiveron excesiva confianza en que a competencia non reaccionaría adecuadamente ante a aparición dun novo competidor.
|
|
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail:
info@maiv.org | Web:
www.maiv.org