Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE-Test do emprendedor
Imprimir Enviar a un amigo/a

Test do emprendedor

1. Ó primeiro impulso, sitúaste en
 
a) O campo             b) O mar.          c) Unha casa elegante e cómoda
 
2. ¿Abúrreste?
 
a) Nunca     b) Ás veces       c) A miúdo
 
3. ¿Pensas que hai que repartir o traballo?
 
a) Nunca     b) Ás veces       c) A miúdo
 
4. ¿ Es incapaz de centrarte soamente nos temas do teu traballo?
 
a) Nunca     b) Ás veces       c) A miúdo
 
5. ¿Algunha vez participaches activamente nalgún grupo social, educativo ou relixioso?
 
a) Nunca     b) Ás veces       c) A miúdo
 
6. A axenda é imprescindible para ti
 
a) Nunca     b) Ás veces       c) A miúdo
 
7. Cando hai que facer algo no traballo que non é da túa competencia, faise e listo:
 
a) Nunca     b) Ás veces        c) A miúdo
 
8. Dous compañeiros de traballo discuten acaloradamente. ¿Procuras solucionar o problema e calmar os ánimos?
 
a) Nunca     b) Ás veces        c) A miúdo
 
9.¿Procuras estar sempre á moda?
 
a) Nunca     b) Ás veces       c) A miúdo
 
10. ¿Tentas reducir ó mínimo as molestias na túa vida?
 
a) Nunca      b) Ás veces       c) A miúdo
 
11. ¿Pensas que nalgunha ocasión é preciso "pasar de todo"?
 
a) Nunca     b) Ás veces       c) A miúdo
 
12. ¿Pensaches algunha vez, despois dun problema ou dunha discusión, aquilo de "eu debería ter dito...", "debería ter feito..."?
 
a) Nunca      b) Ás veces      c) A miúdo
 
 
Avaliación:
Suma os puntos segundo a contestación.
  1. a) 5      b) 10      c) 0
  2. a) 10     b) 5       c) 0
  3. a) 10     b) 5       c) 0
  4. a) 0       b) 5       c) 10
  5. a) 0       b) 5       c) 10  
  6. a) 0       b) 5       c) 10
  7. a) 0       b) 5       c) 10
  8. a) 0       b) 5       c) 10
  9. a) 0       b) 5       c) 10
  10. a) 10     b) 5       c) 0
  11. a) 10     b) 5       c) 0
  12. a) 10     b) 5       c) 0
    
Resultados:
 
De 90 a 120 puntos: posúes unha gran iniciativa e es emprendedor. Estas sempre disposto a loitar e a chamar ás cousas polo seu nome. Debes vixiar un pouco esa agresividade para que non te desborde.
 
Entre 50 e 85 puntos: tes un grao de iniciativa bastante aceptable, pero tamén sabes escoitar e aterte ó teu traballo de maneira disciplinada cando é necesario.
 
Menos de 45 puntos: a túa puntuación é demasiado baixa. Seguramente, desinterésaste demasiado polo mundo que te rodea e por ti mesmo. Se realmente queres chegar a ser empresario terás que cambiar algunha das túas actitudes.
O Emprendedor
Qué é un Emprendedor
Qué requisitos debe reunir un emprendedor
Porqué fracasa unha empresa

Crea a túa Empresa
O Emprendedor 
A Idea
O Plan de Empresa 
Formas Xurídicas
Actividades Empresariais
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org