Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en
Innovación e invención
Non só son emprendedores aqueles que "inventaron" a roda, a lámpada eléctrica ou o microchip. Acaso Amancio Ortega (presidente e fundador do grupo Zara) ou Enric Bernat (fundador de Chupa Chups) son famosos polos seus inventos? Acaso desenvolveron un novo produto, radicalmente distinto a todo o que xa existía?
Sen necesidade de realizar extraordinarias invencións fundaron e desenvolveron empresas de enorme éxito.
A invención non é máis que unha forma concreta de innovación, unha máis dentro dunha ampla gama de posibilidades.
Trátase de pensar non soamente qué vou facer senón cómo o vou facer.
A innovación pode estar no qué e no cómo.
Ó longo dos anos veuse demostrando que a innovación "social" tivo máis transcendencia cá innovación tecnolóxica. Os seguros e a venda a prazos non son en absoluto innovacións de tipo técnico, tanxible, pero a súa transcendencia, non só no ámbito empresarial senón en todos os ámbitos sociais, non deixan lugar á dúbida.
Os principios da innovación (Peter Drucker).
QUE SE DEBE FACER?
- Analizar as oportunidades, recorrendo ás "fontes de oportunidades":
- o inesperado
- o incongruente
- a necesidade do proceso
- a estrutura do mercado e da industria
- os cambios nas percepcións
- os cambios demográficos
- os novos coñecementos
- Saír, observar, preguntar e escoitar. Os innovadores de éxito usan os dous lados do cerebro, estudan as cifras e estudan a xente.
- A innovación debe ser sinxela. Debe estar centrada nunha necesidade específica que satisfacer e non confundir. O mellor eloxio que pode recibir unha innovación é: "é obvio. ¿por que non se me ocorreu antes a min?"
- As innovacións eficaces empezan sendo pequenas. As cousas grandiosas que tenden a "revolucionar a industria" polo xeral non funcionan. Deben poder empezar con pouco diñeiro e cun mercado limitado para poderse adaptar se non funcionan ben á primeira.
- Tódalas estratexias do empresario innovador deben aspirar ó liderado nun campo determinado. Pola contra crean a oportunidade para a competencia.
- QUE NON SE DEBE FACER?
- Non tratar de ser "astutos". Calquera cousa que necesite "astucia" para o seu manexo está condenada ó fracaso, xa sexa polo seu deseño ou pola súa fabricación.
- Non te disperses. ¡céntrate nunha única cousa!
- Non innoves para o futuro, innova para o presente. Se non existe unha aplicación inmediata, a innovación será coma os esquemas de Leonardo da Vinci: unha idea brillante.
|
|
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail:
info@maiv.org | Web:
www.maiv.org