Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE-Resumo sobor das ideas básicas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Resumo sobor das ideas básicas

En resume, sobre a xeración de ideas empresariais poderíase dicir:
  • A xeración de ideas é o paso previo indispensable cara á creación de empresas.
  • Xerar ideas de negocio require un grande esforzo de observación, análise e selección. Non se pode confiar na simple inspiración.
  • Unha idea de empresa debe ser necesariamente innovadora. Debe proporcionar melloras sobre o que xa existe.
  • Innovar non significa inventar. Normalmente as ideas de éxito son simples avances sobre produtos e servizos que xa existen, formas máis eficaces de facer as cousas.
  • Se tes unha idea "revolucionaria" ten coidado ó lanzarte. Pode que o contorno aínda non estea preparado para aceptala.
  • As fontes de ideas innovadoras son moi variadas, pero todas se basean en analizar e observar a información do noso arredor, e en poder cubrir necesidades insuficientemente satisfeitas.
  • Pensa sempre en termos de longo prazo. Se a túa idea de empresa non está preparada para adaptarse ós cambios no contorno terá unha vida limitada. Pensa na túa empresa hoxe e no futuro.
  • Non existe ningunha forma de asegurar a viabilidade dunha idea. O risco sempre existirá, pero pódese reducir se contamos coa información precisa e a utilizamos de forma ordenada.  
A Idea
Innovación e invención
Como xerar ideas de empresa
Claves para elixir e desenvolver unha idea
Sectores empresariais con futuro

Crea a túa Empresa
O Emprendedor 
A Idea
O Plan de Empresa 
Formas Xurídicas
Actividades Empresariais
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org