Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE-Cómo xerar ideas de empresa
Imprimir Enviar a un amigo/a

Cómo xerar ideas de empresa

O momento inicial na creación dunha empresa é a xeración da idea, decidir a qué negocio me vou dedicar. Esta é unha fase crítica na viabilidade de calquera negocio. Todo o proceso posterior nunca chegará a desenvolverse se antes non chegamos a ter un coñecemento claro de qué imos facer. Antes de intentar plasmar unha idea na práctica, debe ter sido coidadosamente seleccionada, experimentada e deseñada.
 
 
Fontes de ideas empresariais. Miguel Cañadas “ Como crear empresas rendibles”
  • Persoas e empresas coas que un se relaciona.
  • Propio traballo.
  • Produtos e servizos con aceptación noutros países non implantados no noso.
  • As modas e mailos costumes sociais.
  • Fontes de información escritas: xornais, revistas, informes da administración, dos bancos, das cámaras de comercio, etc.
  • A posibilidade de conseguir unha licenza de explotación ou unha representación.
  • A existencia de necesidades no mercado non adecuadamente satisfeitas.
  • A posibilidade de ofrecer un produto ou un servizo actual con mellor calidade e/ou menor prezo.
  • Unha clara visión de futuro sobre como evolucionará o sector no que se traballa.
  • As propias necesidades persoais e laborais.
  • As experiencias adquiridas de empresas que fracasaron.
  • Mellorar os procesos de produción ou de comercialización utilizados actualmente nun sector.
  • A posibilidade de ofrecer produtos tradicionais.
  • As oportunidades que ofrecen as leis comunitarias, estatais, autonómicas, municipais...
  • As tradicións artesanais da comarca.
  • Observar os recursos que se teñen máis a man.
A Idea
Innovación e invención
Claves para elixir e desenvolver unha idea
Sectores empresariais con futuro
Resumo sobre as ideas básicas

Crea a túa Empresa
O Emprendedor 
A Idea
O Plan de Empresa 
Formas Xurídicas
Actividades Empresariais
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org