Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE-Análise do Contorno
Imprimir Enviar a un amigo/a

Análise do Contorno

Cando fagas o plan de empresa ten en conta que:

  • Existen multitude de factores alleos á túa empresa que poden afectarte de forma decisiva. Ten en conta como che afectará a situación económica, as leis, a situación social e o estado da tecnoloxía.
  • Coñece os teus clientes e deseña os teus produtos ou servizos en función deles. Un produto serve para cubrir necesidades non satisfeitas no mercado, por tanto, debes saber que funcións cumpren os teus produtos ou servizos e que necesidades cobren para saber quen e cantos poden ser os teus clientes.
  • Deseña a túa estratexia en función das necesidades dos clientes e das túas capacidades. Pensa que hai dúas formas básicas de competir: ofrecendo produtos máis baratos ou diferentes.
  • Pensa tanto no teu produto de hoxe coma no de mañá. Os produtos teñen cada vez menos validez no tempo, polo que terás que innovar e ofertar novos produtos ou servizos continuamente. Non te centres nun só produto, pois concentrarás nel todo o teu risco.
  • Ten claro que non todos os clientes son iguais. Non todos teñen as mesmas características persoais e económicas, nin as mesmas necesidades. Identifica cales son os segmentos ós que te podes dirixir.
  • Non despreces á túa competencia. Identifica quen serán os teus competidores, que características (dimensión, situación, etc.) teñen, como actúan e onde radican as súas fortalezas e debilidades. Define cal será a mellor estratexia para enfrontarse a eles. Ten en conta que, con maior ou menor intensidade, sempre reaccionarán perante a túa chegada.
  • Analiza se existe algún freo ou barreira que poida impedir a túa entrada  no mercado que escolliches. Pensa que poden existir factores como o investimento necesario, o coñecemento dunha tecnoloxía, o cumprimento dalgunha lei ou norma, etc., que, de non cumprirse, provocaría que nin tan sequera puideras entrar no mercado.
O Plan de Empresa
Introdución
Análise interna
A viabilidade económico financeira
Beneficios e Rendabilidade
Caso Práctico

Crea a túa Empresa
O Emprendedor 
A Idea
O Plan de Empresa 
Formas Xurídicas
Actividades Empresariais
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org