A conta de resultados
O obxectivo final de cuantificar os teus ingresos e mailos gastos é chegar a coñecer anticipadamente cánto diñeiro gañarás, ou perderás, realmente coas túas actividades.
Para obter esta información utilízase un esquema, máis ou menos predefinido, chamado "conta de resultados".
Na conta de resultados terás que detallar os ingresos e os gastos da túa empresa, poñendo os primeiros na columna da esquerda e os segundos na da dereita.
CONTA DE RESULTADOS
Unha vez que listaches tódolos teus gastos e tódolos ingresos, e ordenaches os mesmos na conta de resultados, poderás ter claro cáles serán os teus beneficios, ou as túas perdas.
Pero non é mesmo gañar 100 pesetas cando tes investidas 1.000, que gañar eses mesmos vinte pesos se tiveches que gastar un millón. Temos que ver se o noso negocio é "rendible", temos que saber cánto ganamos en relación co diñeiro que investimos.
A rendibilidade mídenos, pois, a cantidade de diñeiro que gaño en función do que tiven que gastar (investir) para que funcionase a miña empresa.
A tesourería
Aínda que o obxectivo de calquera negocio sexa, como xa se indicou, gañar diñeiro, tes que ter en conta que o feito de que podes estar vendendo e, sen embargo, non estar cobrando estas vendas. Isto non se refire simplemente ós posibles impagados que poidas sufrir, senón que é moi habitual en determinados negocios ou actividades que non coincida o momento da venda co do pagamento.
Os períodos de cobro (ós teus clientes) e de pagamento (ós teus provedores) dependerán da capacidade de negociación que teñas con eles, así como dos usos e dos costumes do sector, xa que pode existir un costume instaurado e non será nada fácil varialo. Terás que controlar as entradas e as saídas de diñeiro líquido, mediante unha táboa de seguimento da tesourería.
CADRO DE TESOURERIA
O Balance Unha vez explicados os conceptos de activo e pasivo, resulta lóxico concluír que o valor monetario do activo (dos bens e dos obxectos da túa empresa) ten que ser igual ó valor do pasivo (con que están financiados os mesmos), e todo isto terás que presentalo de forma ordenada no que se chama balance de situación.
O balance de situación non é máis que un esquema ordenado onde reflectirás claramente que bens ten a túa empresa e de ónde saíron os fondos para mercalos.
BALANCE DE SITUACIÓN
|
|