Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE-Análise Interna
Imprimir Enviar a un amigo/a

Análise Interna

Realizar a análise interna significa deseñar como vai ser a túa empresa e como vai funcionar. A palabra clave nesta fase é coherencia. O deseño da nova empresa, da súa estrutura, das súas pautas de funcionamento, das persoas e dos bens que formarán parte dela, deben ser aspectos coherentes cos produtos e cos mercados e, polo tanto, coa estratexia competitiva que elixiras.

  • Analiza polo miúdo tódolos procesos (deseño, fabricación, venda, administración, etc.). Define en qué procesos están as túas vantaxes competitivas, qué cousas sabes facer mellor que a túa competencia, o que che permitirá competir ante ela con garantías.
  • Analiza qué procesos vas realizar internamente e cáles lles vas subcontratar a outras empresas. Reserva para ti os procesos clave (nos que radican as túas vantaxes), e busca profesionais e empresas externas que poidan realizar as restantes funcións.
  • Define a túa estrutura organizativa e as persoas que a van compoñer. Ten en conta qué perfil persoal e profesional deben ter estas persoas para se integraren na túa empresa.
  • Analiza os recursos técnicos que necesitarás para realizar as túas operacións. Estima cánto terás que investir nos mesmos, e se poderás dispoñer do diñeiro (propio ou alleo) suficiente para os financiar.
  • Marca uns obxectivos claros, en termos de vendas, beneficios, etc. que che sirvan como referencia de a ónde queres chegar.
  • Os obxectivos deben ser ambiciosos, para que implique un esforzo permanente conseguilos, pero ó mesmo tempo alcanzables. Fixar obxectivos demasiado ambiciosos leva á desmotivación se non se alcanzan.
 
O Plan de Empresa
Introdución
Análise do contorno
A viabilidade económico financeira
Beneficios e Rendabilidade
Caso Práctico

Crea a túa Empresa
O Emprendedor 
A Idea
O Plan de Empresa 
Formas Xurídicas
Actividades Empresariais
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org