Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en
Empresario Individual
Definición:
Persoa física que realiza en nome propio e por medio dunha empresa unha actividade comercial, industrial ou profesional
Normativa:
Código de Comercio reformado pola Lei 19/1989 de 25 xullo
Características:
-
Non ten unha regulación legal específica e está sometido na súa actividade empresarial ás disposicións xerais do Código de Comercio en materia mercantil e ó disposto no Código Civil en materia de dereitos e obrigas.
-
Control total da empresa por parte do propietario, que dirixe a súa xestión.
-
A personalidade xurídica da empresa é a mesma que a do seu titular(empresario), que responde persoalmente de todas as obrigas da empresa.
-
Non existe diferenciación entre o patrimonio mercantil e o seu patrimonio civil.
-
Non precisa proceso previo de constitución. Os trámites inícianse ó comezo da actividade empresarial.
-
A achega de capital á empresa, tanto na súa calidade como na súa cantidade, non ten máis límite que a vontade do empresario.
Réxime Fiscal:
Está dentro do ámbito do IRPF
Seguridade Social:
Réxime especial de autónomos
Libros
Adquisición e legalización do libro de Visitas
No caso de estimación directa simplificada:
- Libro de ingresos
- Libro de gastos e bens de investimento
No caso de estimación directa normal:
- Libros de contabilidade axustados ó Código de Comercio e Plan Xeral Contable
|
|
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail:
info@maiv.org | Web:
www.maiv.org