Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en
Comunidade de bens e sociedade civil
Definición:
Contrato polo que dúas ou máis persoas poñen en común capital ou bens, co propósito de repartir entre si as ganancias
Normativa:
Código de comercio en materia mercantil. Código civil en materia de dereitos e obrigas
Características:
-
A comunidade de bens/sociedade civil non ten personalidade xurídica propia, réxese polo Código de Comercio en materia mercantil e polo Código Civil en materia de dereitos e obrigas.
-
Para a súa constitución requírese a existencia dun contrato privado que debe incluír unhas mínimas normas de procedemento interno.
-
No contrato establecerase o capital ou bens achegados por cada un dos comuneiros/socios, sen que sexa necesaria unha achega mínima.
-
A comunidade/sociedade civil constituirase mediante escritura pública cando se aporten bens inmobles ou dereitos reais.
-
Esíxese un mínimo de 2 socios.
-
A responsabilidade fronte a terceiros é ilimitada.
Réxime Fiscal:
Os socios comuneiros están dentro do ámbito do IRPF
Seguridade Social:
Réxime especial de autónomos
Trámites de constitución
No caso de estimación directa simplificada:
Libro de ingresos
Libro de gastos e bens de investimento
No caso de estimación directa normal:
Libros de contabilidade axustados ó Código de Comercio e Plan Xeral Contable
Libros Adquisición e legalización do libro de Visitas
|
|
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail:
info@maiv.org | Web:
www.maiv.org