Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE-Sociedade Laboral
Imprimir Enviar a un amigo/a

Sociedade Laboral

Definición:

Sociedades anónimas ou sociedades de responsabilidade limitada nas que a maioría do capital social é propiedade dos traballadores que prestan nelas servizos retribuídos en forma persoal e directa, cunha relación laboral por tempo indefinido.

Normativa:

Están reguladas pola Lei 4/1997 de 24 de marzo e no non previsto polas normas correspondentes ás Sociedades Anónimas o de Responsabilidade Limitada, segundo a forma que ostenten. 

Características:

  • Na denominación deberá figurar a indicación "Sociedade anónima laboral", ou "Sociedade de responsabilidade limitada laboral" ou as súas abreviaturas SAL o SLL.
  • Os requisitos de capital social e funcionamento son os mesmos que para as sociedades limitadas e anónimas.
  • O número mínimo de socios é de 3, non podendo ningún deles ter máis da terceira parte do capital social, salvo que se trate de sociedades laborais participadas polo Estado, Comunidades Autónomas, Entidades locais, sociedades públicas, asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro.
  • Existe nas sociedades laborais unha limitación na contratación indefinida: o número de horas-ano traballadas polos traballadores contratados por tempo indefinido que non sexan socios, non poderá ser superior ó 15% do total horas-ano traballadas polos socios traballadores salvo que a sociedade teña menos de 25 socios traballadores, nas que poderás e do 25%.
  • A responsabilidade dos socios fronte a terceiros estará limitada ás súas achegas. 

Réxime Fiscal:

Está dentro do ámbito do IS.

Seguridade Social:

O réxime de SS no que estean incluídos os socios traballadores depende da porcentaxe que teñan no capital social e das relacións de parentesco entre socios

Trámites de constitución

Libros

Adquisición e legalización do libro de Visitas
Libros de contabilidade axustados ó Código de Comercio e ó Plan Xeral Contable
Libro de actas
Libro de rexistro de socios ou libro rexistro de accións nominativas, dependendo de se é sociedade limitada ou anónima

Formas Xurídicas
Empresario Individual
Comunidade de bens e sociedade civil
Sociedade Anónima
Sociedade de Responsabilidade Limitada
Sociedade Cooperativa de Traballo Asociado

Crea a túa Empresa
O Emprendedor 
A Idea
O Plan de Empresa 
Formas Xurídicas
Actividades Empresariais
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org