Definición:
Sociedade de carácter mercantil na que o capital social, que estará dividido en participacións sociais, indivisibles e acumulables, intégrase polas achegas de todos os socios, que non responden persoalmente das débedas sociais.
Normativa:
Lei 2/1995 de 23 de marzo regula as sociedades de responsabilidade limitada
Características:
- Carácter mercantil, calquera que sexa a natureza do seu obxecto e personalidade xurídica propia.
- Na denominación deberá figurar a indicación "Sociedade de Responsabilidade Limitada", "Sociedade Limitada" ou as súas abreviaturas "S.R.L." ou "S.L.".
- O capital social, constituído polas achegas dos socios, no poderá ser inferior a 3.005,06 €. Deberá estar integramente subscrito e desembolsado no momento da constitución.
- Só poderán ser obxecto de achega ó capital os bens ou dereitos patrimoniais susceptibles de valoración económica, en ningún caso traballo ou servizos.
- As participacións sociais non terán o carácter de valores, non poderán estar representadas por medio de títulos ou de anotacións en conta, nin denominarse accións.
- A transmisión das participacións sociais formalizarase en documento público
Réxime Fiscal:
Está dentro do ámbito do IS.
Seguridade Social:
O réxime de SS no que estean incluídos os socios traballadores depende da porcentaxe que teñan no capital social e das relacións de parentesco entre socios
Trámites de constitución
Libros
Adquisición e legalización do libro de Visitas
Libros de contabilidade axustados ó Código de Comercio e ó Plan Xeral Contable
Libro de actas
Libro de rexistro de socios
|
|