Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-SAE-Sociedade Cooperativa de Traballo Asociado
Imprimir Enviar a un amigo/a

Sociedade Cooperativa de Traballo Asociado

Definición:
 
É unha sociedade de capital variable formada por persoas físicas que teñen por obxecto a prestación de traballo dos socios, proporcionándolles emprego, para producir en común bens e servizos para terceiros.  

Normativa
:
 
As sociedades cooperativas están reguladas pola Lei 27/1999 de 16 de xullo para cooperativas de ámbito estatal. En Galicia están reguladas pola Lei 5/1998, de 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia. 

Características
:
  • Os Estatutos fixarán o capital social mínimo, non podendo ser inferior de 3.005,06, co que pode constituírse e funcionar a cooperativa, que deberá estar totalmente desembolsado desde a súa constitución.
  • O capital social estará constituído polas achegas dos socios que se realizaran en metálico. Se o prevén os Estatutos ou, o acordase a Asemblea Xeral, tamén poderán consistir en bens e dereitos susceptibles de valoración económica.
  • Nas cooperativas o importe total das achegas de cada socio non poderá exceder dun terzo do capital social.
  • A responsabilidade dos socios polas débedas sociais estará limitada ás achegas ó capital social subscrito, estean ou non desembolsadas na súa totalidade.
  • Contan cunha estrutura e xestión democrática, en réxime de libre adhesión  e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade realizada.
  • O número de traballadores contratados non poderá exceder do 30% do total do número de socios da cooperativa.
Réxime Fiscal:
 
Está dentro do ámbito do IS, tendo un tipo impositivo menor que o resto de sociedades (20%) e un réxime de bonificacións especial

Seguridade Social
:
 
Nos estatutos a cooperativa pode fixar que o conxunto de socios traballadores estean no réxime xeral ou no especial de autónomos

Trámites de constitución
Libros
Adquisición e legalización do libro de Visitas
Libros de contabilidade axustados ó Código de Comercio e ó Plan Xeral Contable
Libro de actas da asemblea xeral, do órgano de administración e de informes de
censura de contas
Libro rexistro de socios
Libro rexistro de achegas ó capital social
Formas Xurídicas
Empresario Individual
Comunidade de bens e sociedade civil
Sociedade Anónima
Sociedade de Responsabilidade Limitada
Sociedade Laboral

Crea a túa Empresa
O Emprendedor 
A Idea
O Plan de Empresa 
Formas Xurídicas
Actividades Empresariais
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org